jueves, 24 de junio de 2021

Grazas voluntarios!



O equipo da biblioteca quere agradecer o traballo dos voluntarios durante este curso na radio da biblio. Grazas ao esforzo de todos foi posible facer realidade o proxecto da radio na biblioteca.

martes, 22 de junio de 2021

 Presentamos o logo da radio da nosa biblioteca                                 

               Radio Onda Cosme

Este foi o logo gañador do concurso organizado pola biblioteca. O mesmo foi realizado por Iria e Viky, voluntarias de 3ºB ESO. 


A biblioteca recomenda...

Programa de Radio da biblioteca que ofrece unha escolla dos libros adquiridos pola biblioteca e que recomendamos a súa lectura. Novidades para gozar da lectura no verán.

 O soto gamer

Un programa da Radio Onda Cosme elaborado polos alumnos de 2ºESO B que intentará ofrecer toda a actualidade do mundo dos videoxogos.

martes, 15 de junio de 2021


Monólogos de 1º ESO





Chega o momento de rirse, de gozar... Os alumnos/as de 1º ESO interpretan na radio da biblioteca unha serie de monólogos humorísticos. Textos orais que presentan a personaxes, costumes, actitudes... desde unha perspectiva cómica.

Monólogos de 1ºB ESO

Gravación dunha serie de monólogos realizados polo alumnado de 1ºB ESO.

Lucas, Iván, Lucía, Elías, Celtia, Mª José, Brais, Nicolás e Érika


Podcast dos monólogos de 1ºB: 


Monólogos de 1ºA ESO

Gravación dunha serie de monólogos realizados polo alumnado de 1ºA ESO. 

              
Rocío, Sara, Xoel, Marta, Alba e Lisandro

Podcast dos monólogos de 1ºA: 

lunes, 7 de junio de 2021

Centóns

Alumnos de 1º e 2º ESO realizan estos centóns feitos con fragmentos dos poemas de Xela Arias. Posteriormente gravaron un podcast na radio da biblioteca.

A continuación podedes escoitar o podcast:

A crónica. Entrevista a Antía Yáñez


O programa A Crónica tivo como protagonista especial no día de hoxe á escritora Antía Yáñez. A autora burelá foi entrevistada por Noa e Xabier, mentres que no control estivo Miguel. Este espazo de Onda Cosme dos alumnos de 4ºA supón novamente un magnífico traballo por parte destes voluntarios.

O podcast da entrevista:
A continuación no Salón de Actos tivo un encontro cos alumnos do Club de lectura de 3º e 4º ESO a través de videoconferencia.

martes, 1 de junio de 2021

Benvida aos novos alumnos/as

Os novos alumnos que no vindeiro curso 2021-2022 estarán en 1º ESO  visitaron as instalacións do instituto este martes 1 de xuño acompañados polos seus titores de 6ª de Primaria, Vicente e Pablo, e por Elena, a orientadora de Primaria.

Dentro desta visita fixeron unha parada na biblioteca. Aquí os alumnos/as participaron nun programa de radio Onda Cosme coordinado por voluntarios da biblioteca de 4ºA ESO.

 
A continuación podedes escoitar o podcast deste programa: